Xa é posible iniciar telematicamente a práctica totalidade dos procedementos dispoñibles na sede electrónica

Administración dixital

Un dos eidos que máis experimentou a transformación tecnolóxica en todo o mundo foi a Administración Publica, xa que é a base que sirve de precedente para a dixitalización dos demais sectores da economía. O concepto de “e-Governance” ou “Gobernanza Dixital”, entendido como unha administración sen papeis e que axiliza os seus trámites para prestar un mellor e máis rápido servizo á sociedade, estendeuse de países da nosa contorna, cara a o resto de estados de forma que o proceso de dixitalización da tramitación ou o propio contacto coas Administracións comezou  a ser unha realidade.

Neste contexto, os avances acadados nos últimos anos permitiron ao Goberno galego contar con todas as pezas necesarias para avanzar cara a unha Administración sen papeis, como é o caso das notificacións electrónicas, a plataforma de interoperabilidade Pasaxe! ou o Arquivo Electrónico Administrativo. Desta forma, xa é posible iniciar telematicamente a práctica totalidade dos procedementos dispoñibles na sede electrónica, mellorando a calidade da atención á cidadanía, dende unha perspectiva unificada e omnicanal, e incrementando a personalización e proactividade na prestación dos servizos públicos a cidadáns e empresas.

Impulso da administración electrónica

Nos últimos anos, as Administracións Públicas galegas intensificaron o seu proceso de dixitalización coa fin de establecer un novo modelo de relación entre a cidadanía e a Administración pública e un novo xeito de prestar servizo, baseado na axilidade e na proactividade.

Este proceso de consolidación dunha Administración integramente dixital levouse a cabo a través de diferentes actuacións, como a expansión do Arquivo Electrónico Único, o proceso de dixitalización das oficinas de rexistro ou a consolidación da sede electrónica da Xunta como o punto de acceso único, sinxelo e accesible na rede a calquera recurso ou servizo da Administración. Moitas destas actuacións foron impulsadas a través do “Plan de administración e goberno dixitais. Horizonte 2020”.

Servizos de soporte e infraestructuras

Para conseguir esta consolidación da Administración Dixital en Galicia, resultou necesario poñer en marcha accións simultáneas centradas no reforzo das infraestruturas e dos servizos de soporte, para garantir unha correcta implantación deste novo modelo.

Medidas para a dotación de medios para o acceso remoto aos sistemas de información (acceso a red da Xunta de Galicia (VPN), acceso a servizos de telefonía en remoto, etc.) ou medidas de reforzo da seguridade dos sistemas e infraestruturas TIC foron algunhas das accións levadas a cabo de forma complementaria á transformación da Administración nun ente totalmente dixitalizado.

Indicadores

@bertos

O portal de Datos Abertos é unha iniciativa para impulsar a apertura de datos en todos os organismos do sector público autonómico e promover a súa reutilización, o que permite a calquera persoa o seu uso, sempre que se respecten as condicións establecidas.

Sede electrónica

Tramita de forma online axudas, permisos e outros procedementos e accede aos servizos electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia durante os 365 días do ano e durante as 24 horas do día.