Xa é posible disfrutar ao máximo do patrimonio turístico e cultural galego a través de diferentes servizos dixitais

Turismo e Cultura dixitais

A economía da experiencia atopase nun período de crecemento a nivel mundial: poder coñecer novos lugares e novas culturas resulta atractivo para toda a sociedade e máis despois dunha época de restricións. As solucións dixitais modifican cada vez máis o modo en que a cidadanía e visitantes interactúan cos recursos turísticos e culturais, polo que as novas tecnoloxías son, hoxe en día, ferramentas fundamentais dentro destes ámbitos. Melloran a experiencia dos usuarios e permiten transformar a oferta posta á disposición mediante solucións innovadoras que resolven as novas demandas da cidadanía.

Neste senso, nos últimos anos, en Galicia puxéronse en marcha diferentes plataformas tecnolóxicas, como “Smart Camiño” para resaltar o Camiño de Santiago a través das tecnoloxías dixitais como principal produto turístico da Comunidade. Ademais, activouse a biblioteca dixital de Galicia Galiciana, que actúa como porta de acceso aos recursos patrimoniais dixitais ou dixitalizados integrantes do patrimonio cultural galego, entre outras iniciativas.

Cultura

No eido da cultura, as actuacións máis relevantes do último ano de cara a súa dixitalización foron a posta en marcha do sistema de xestión de recursos do Patrimonio Cultural de Galicia (XERPA), a renovación das canles en internet da rede de museos dependentes da Xunta de Galicia e a integración de 47 bibliotecas e axencias de lectura no sistema de xestión bibliotecaria baseado na plataforma KOHAILS, co que se acadaron as 292 bibliotecas municipais e especializadas integradas.

Outra das medidas adoptadas ao abeiro do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da COVID-19, foi o lanzamento da campaña #Aculturasegue co obxectivo de dar comezo á recuperación do sector.

Turismo

A administración pública galega centrou moitos dos seus esforzos no sector turístico, xa que é un piar fundamental dentro da economía galega. As últimas iniciativas centráronse en dar apoio á recuperación do sector, moi danado pola crise da COVID-19 e por iso priorizouse o desenvolvemento de medios para o acompañamento das medidas de apoio ao sector no ámbito da crise sanitaria polo COVID-19, como a tramitación dixital 100% da campaña Bono Turístico #QuedamosEnGalicia, que implicou a cerca de 20.000 beneficiarios e máis de 500 establecementos adheridos. 

A dixitalización do sector xa comezara con anterioridade con outras actuacións destacadas, como a posta en marcha do Plan de desenvolvemento das TIC no eido do Turismo (Smart Turismo) no ano 2014 ou o lanzamento da app oficial do Camiño de Santiago.

Accións

Indicadores

Museos de Galicia

Museos de Galicia mostra os museos que conforman o Sistema Galego de Museos e informa de todas as exposicións e actividades dispoñibles no ámbito cultural.

Portal web

Camiño de Santiago

Unha app que nace co fin de ser a guía de peto que acompañe ao peregrino na súa viaxe. Forma parte do proxecto Smart Camiño.

Turismo de Galicia

Turismo de Galicia presenta unha nova app dirixida ás persoas que viaxen por Galicia. Trátase dunha ferramenta para facer máis cómodas as visitas, que permite coñecer os puntos de interese turístico e localizar aqueles que se atopen próximos ao usuario.

Portal web

Axenda cultural de Galicia

Portal que permite aos cidadáns informarse de todos os eventos culturais que se realicen en Galicia, así como crear o seu propio calendario cultural segundo os seus intereses e preferencias.

Galicia Nomeada

Galicia ten unha riqueza excepcional na súa toponimia, contén sobre un terzo das entidades de poboación de España, este portal ten como obxectivo aglutinar todos os topónimos do territorio galego.

Portal web

Galiciana

Galiciana facilita o acceso, a través dun portal único, a contidos dixitais recompilados e xestionados nas institucións correspondentes, que participan voluntariamente, e permite a recolección dos seus repositorios.

Portal web