- Ir á páxina de inicio
- La transición digital en Galicia
-
A dixitalización da xustiza
Estrategia Galicia Digital 2030 La Sociedad de la información Sector TIC Administración electrónica Galicia territorio conectado Ciberseguridad Sanidad digital Bienestar social Educación y capacitación digital La digitalización medioambiental Turismo inteligente Movilidad digital y sostenible Lonjas digitales Cultura e riqueza patrimonial A dixitalización da xustiza
A dixitalización da xustiza, unha prioridade para adaptarse aos novos tempos
Nos últimos anos, e especialmente coa chegada da pandemia provocada pola COVID-19, o proceso de dixitalización da Administración viuse acelerada coa fin de cubrir as necesidades da cidadanía mantendo os estándares de seguridade sanitaria.
A Administración de xustiza non podía ser menos e iniciou un proceso de modernización sen precedentes para adaptarse á nova realidade que pasa por renovar o sistema xudicial de Galicia a través das novas tecnoloxías e fomentar a utilización dos medios electrónicos para a realización dos procedementos xudiciais.
Tanto para a cidadanía como para os profesionais do sector xudicial, esta modernización e transformación dixital da Xustiza traduciuse en múltiples beneficios entre os que destacan o aforro de tempo na realización dos procedementos e aforro de custos, unha maior transparencia, sustentabiliade polo menor uso do papel e un mellor e máis eficaz seguimento dos procesos xurídicos. Ademais, no caso da xurisprudencia, conseguiuse unha maior trazabilidade en todos os procedementos, xa que a dixitalización permite realizar unha procura segura, optimizada e rápida de datos.
Comezo da modernización da Xustiza galega: II Plan tecnolóxico da Administración de xustiza: Senda2020
Co obxectivo de continuar no camiño de modernización emprendido no plan Senda2014, púxose en marcha o II Plan tecnolóxico da Administración de xustiza en Galicia Senda2020, ao abeiro do cal iniciáronse numerosas actuacións para a consolidación da administración xudicial electrónica de Galicia grazas a implantación de solucións dixitais innovadoras, accesibles e eficientes que melloren e faciliten a relación entre a cidadanía e os órganos xudiciais.
Priorizáronse actuacións que permitiron avanzar na virtualidade dos actos xudiciais, nun contexto condicionado pola crise sanitaria COVID-19 e por iso as iniciativas máis destacadas para alcanzar estes fins atópanse a elaboración dunha guía para a celebración de xuízos ou vistas por medios telemáticos, a posta en marcha de diferentes canles para a solicitude de citas previas para o acceso ás sedes xudiciais ou a posta en marcha de actividades no modelo online para os procesos de implantación e capacitación nos órganos xudiciais. Todo isto reflíctese nos indicadores de seguimento, os cales confirman a tendencia de incremento do uso de medios electrónicos no funcionamento interno da Administración e na relación cos profesionais e cidadáns:
Este proceso de implantación continuada das tecnoloxías da información na Administración de Xustiza en Galicia estivo acompañado pola prestación de servizos do centro de atención ao usuario, que atendeu máis 65.000 contactos, e do proceso de realización de actividades formativas que conlevaron máis de 230 sesións de capacitación ou acompañamento para a posta en marcha destes procesos.
O reto: unha Xustiza dixital e ao alcance de todos
Os esforzos de dixitalización no ámbito da xustiza estiveron centrados sobre todo na implantación dunha contorna virtual para o desenvolvemento dos actos xudiciais, mediante a inclusión de novas tecnoloxías nas salas de vista (sistemas de videoconferencia e gravación, plataformas virtuais de celebración de vistas, etc.) e a posta en marcha de novos servizos dixitais para profesionais e a cidadanía que permitisen a realización dos procedementos xudiciais de forma electrónica. O obxectivo é que todos os procesos, actos e procedementos relacionados co eido xudicial poidan ser realizados coa maior comodidade e efectividade, á vez que se cumpren todos os requisitos de seguridade, tanto sanitaria como tecnolóxica.
Entre os esforzos realizados no último ano destacan a finalización do proceso de implantación da sinatura electrónica no sistema procesual xudicial na totalidade dos órganos xudiciais de Galicia, grazas ao cal acadáronse os 2,7millóns de documentos asinados, un 102% máis que os anos anteriores, e a implantación efectiva do Expediente Xudicial Electrónico e a Sede Xudicial Electrónica coa fin de consolidar unha canle de comunicación efectiva e segura entre a cidadanía e a Administración.
Dita sede permite aos profesionais da xustiza galega e á cidadanía facer numerosos procedementos que doutra forma terían que facerse de forma presencial e conlevaría a utilización dun maior número de recursos e tempo: presentación telemática de escritos iniciadores e de trámite do procedemento monitorio; presentación telemática da demanda de xuízo verbal ou requirimento de cita previa nas oficinas de rexistro e oficinas de atención á cidadanía ,entre outros.
Con isto, a Administración galega pretende adecuar o sistema xudicial actual á nova realidade que está caracterizada por un uso intensivo das novas tecnoloxías que permiten dar un mellor e máis eficiente servizo non só aos profesionais, senón tamén aos usuarios en xeral e que permite desconxestionar un sistema colapsado pola cantidade de demandas e procedementos.