- Ir á páxina de inicio
- A transición dixital en Galicia
-
A dixitalización medioambiental
Estratexia Galicia dixital 2030 A Sociedade da Información Sector TIC Administración electrónica Galicia territorio conectado Ciberseguridade Sanidade dixital Benestar social Educación e capacitación dixital A dixitalización medioambiental Turismo intelixente Mobilidade dixital e sostible Lonxas dixitais Cultura e riqueza patrimonial A dixitalización da xustiza
A dixitalización, clave no compromiso de Galicia co medio ambiente e a protección dos nosos ecosistemas e natureza
O sector primario desempeña un papel estratéxico na economía de Galicia, xa que é un gran creador de emprego e riqueza no territorio. Por iso, a súa protección e conservación resulta prioritaria para todos os organismos públicos, que acoden á tecnoloxía para alcanzar este obxectivo.
Os servizos de vixilancia forestal dixital para o control de incendios, as aplicacións meteorolóxicas con xeolocalización ou visores xeográficos da natureza xa son unha realidade en Galicia e supoñen o inicio de futuras aplicacións tecnolóxicas e virtuais neste ámbito para seguir mellorando a protección do medio ambiente e o servizo á cidadanía.
Rede dixital de vixilancia forestal: unha nova realidade á hora de controlar incendios
Un dos avances máis importantes na dixitalización dentro do ámbito agroforestal foi a posta en marcha da Rede de Vixilancia dos espazos forestais de Galicia no ano 2018, que cubre máis do 50 % do territorio e as zonas con máis risco de actividade incendiaria (73 parroquias de Alta Actividade Incendiaria (PAAI)).
Grazas a monitorización destas zonas a través de cámaras durante as 24 horas do día poderase facer unha detección temprana de fogos e apoiar na extinción de incendios a través desta vixilancia remota, xa que se disporá de información visual en directo da evolución do fogo e as súas condicións.
Esta ferramenta supón un avance importante neste campo, ao ofrecer un mecanismo de apoio na toma de decisións por parte das autoridades e persoal para mobilizar e asignar medios e recursos nas labores de extinción.
Utilización de novos sistemas dixitais, o futuro modelo a implantar para a protección e conservación do medio ambiente
Xunto con esta Rede, puxéronse en marcha numerosos portais e aplicacións a disposición do público para avanzar cara a un ámbito forestal máis virtual e adaptado aos novos tempos.
Algún dos portais máis destacados relacionados coa conservación do medio natural galego son os seguintes:
Nestes portais, o usuario poderá encontrar información relativa á xestión de residuos de forma correcta, reciclaxe, valorización material e enerxética, cursos en xestión de residuos, aplicativos sectoriais existentes en materia ambiental ou módulos de tramitación electrónica en materia de residuos, entre outros. O Goberno Galego pretende impulsar unha conciencia medioambiental entre cidadanía e empresas para unha mellor e eficiente conservación dos ecosistemas galegos.
Para completar o paquete de ferramentas electrónicas, no campo do medio ambiente tamén están dispoñibles dúas aplicacións móbiles que serven para facer predicións meteorolóxicas, incluso con xeorreferencias: MeteoGalicia e MeteoSIX.
Xunto con isto, o visor xeográfico da natureza, con información cartográfica relativa aos espazos naturais e á biodiversidade de Galicia, crea un ecosistema con información suficiente para que tanto á cidadanía, como as empresas e os diferentes axentes públicos e privados existentes sexan capaces de contribuír á implantación do modelo ambiental do futuro, no que a conservación da nosa diversidade medioambiental e a protección dos espazos naturais sexa a prioridade.