- Ir á páxina de inicio
- A transición dixital en Galicia
-
Lonxas dixitais
Estratexia Galicia dixital 2030 A Sociedade da Información Sector TIC Administración electrónica Galicia territorio conectado Ciberseguridade Sanidade dixital Benestar social Educación e capacitación dixital A dixitalización medioambiental Turismo intelixente Mobilidade dixital e sostible Lonxas dixitais Cultura e riqueza patrimonial A dixitalización da xustiza
Un sector pesqueiro dixitalizado e adaptado aos novos tempos
A poxa en liña é unha realidade en 25 rulas galegas.
A transformación dixital chega ás rulas galegas coa iniciativa lonxas 4.0 que, a través dunha plataforma que integra sistemas de xestión, poxa e comercialización, busca modernizar e facilitar o traballo dos profesionais das lonxas e confrarías de Galicia.
A iniciativa enmarcada no Proxecto Primare, impulsado pola Amtega e a Consellería do Mar, arrancou en 2018 coa posta en marcha dunha plataforma tecnolóxica única que integra os sistemas de xestión, poxa e comercialización, incluíndo a emisión de notas de venda. Trátase dunha ferramenta que facilita a dixitalización das xestións fundamentais para o sector e permite novas formas de venda como a poxa en liña.
Lonxas 4.0 permite as poxas en liña desde calquera dispositivo, tanto na propia lonxa como a través de internet para os compradores autorizados que evitarán desprazarse, se así o desexan.
Ademais, a plataforma permite seguir a rastrexabilidade e a xestión completa de toda a información relativa ao proceso de comercialización, desde a pesada ata a emisión das facturas e albaráns finais para compradores e vendedores, así como a xestión contable e de impostos e a xestión interna das confrarías participantes.
Doutra banda, facilita a xestión interna destas confrarías mediante un portal personalizado no que poden xestionar a información pública e privada como elemento integrador cos seus socios, axentes operadores e público en xeral.
A modernización do sector do mar en datos
O SISTEMA DE XESTIÓN
Evolución
A evolución da iniciativa Lonxas 4.0 permitirá incorporar novas funcionalidades á plataforma, como a integración de documentos telemáticos relacionados coa primeira venda. Tamén se están tratando de ampliar os servizos dedicados aos compradores, como poden ser cotizacións e produtos, resumo de compras realizadas ou información de poxas no sistema, independentemente da súa participación nas poxas.
Outra liña de traballo é a das melloras asociadas á xestión telemática de cobros e pagos a través de entidades bancarias, mediante a automatización e integración dos procedementos estandarizados de transaccións electrónicas.
Ademais, outro dos obxectivos deste ano é o de incorporar imaxes e vídeos vinculados ao produto que se comercialice, para así favorecer a compra remota de determinados produtos.
Dentro deste proceso de dixitalización destacan os caixeiros Ticpesc nos portos galegos que permiten a xestión electrónica da documentación asociada ao traballo diario. Entre a documentación que permite obter están o documento de transporte para as embarcacións que desembarcan en portos distintos á lonxa onde se van vender os produtos; o documento de orixe para declarar o establecemento no que se van desenvolver as tarefas de recolección e para verificar a súa situación sanitaria; o documento de alternancia de artes para declarar a arte coa que se vai realizar a actividade de pesca; e a declaración de zona de traballo.
Ademais, as persoas dedicadas á acuicultura de bivalvos poden obter nos Ticpesc o documento de rexistro para trasladar os moluscos bivalvos desde o porto ata a depuradora; e o documento para devolver os moluscos bivalvos á orixe no caso de producirse un peche por biotoxina.
Actualmente, hai 67 caixeiros instalados e o obxectivo é dotar a todos os portos pesqueiros de terminais Ticpesc, de forma que presten servizo durante as 24 horas do día os 365 días do ano e que non se dependa dos horarios de atención das confrarías de pescadores, das lonxas e doutras asociacións de profesionais do sector.
A estas funcionalidades súmase outra en desenvolvemento como é a incorporación dun sistema de pesada para posibilitar que os produtos da pesca que van ser trasladados para a súa primeira venda a un porto distinto ao que se descargan se pesen no momento do desembarque, para cumprir así a normativa comunitaria.