BENESTAR SOCIAL

Servizos sociais dixitais e electrónicos para a mellora do benestar social en Galicia

O sector primario desempeña un papel estratéxico na economía de Galicia, xa que é un gran creador de emprego e riqueza no territorio. Por iso, a súa protección e conservación resulta prioritaria para todos os organismos públicos, que acoden á tecnoloxía para alcanzar este obxectivo.

Ademais, coa chegada da pandemia, este ámbito, xunto coa sanidade, converteuse nun punto clave para reducir as diferenzas entre colectivos e intentar que todas as familias e grupos dispoñan dos recursos necesarios para facer fronte á difícil realidade á que nos temos que enfrontar.

Servizos sociais electrónicos: unha mellora para á cidadanía e entidades sociais

No desenvolvemento dixital dos servizos sociais en Galicia, destacan as iniciativas deseñadas e creadas especialmente para facilitar a comunicación entre os usuarios e a administración e as entidades profesionais do sector.

Un dos servizos electrónicos destacados neste ámbito e que serve de base para as demais accións postas en marcha é o Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, onde se recolle a información referida ás Entidades que desenvolven programas ou son titulares ou xestoras de Centros ou Programas de servizos sociais relacionados con persoas discapacitadas, maiores, igualdade, infancia, menores, familia, inclusión e servizos comunitarios.

É unha ferramenta de consulta, difusión e orientación sobre os recursos sociais existentes para a cidadanía e os profesionais de servizos sociais.

Esta ferramenta está estreitamente relacionada co servizo de Asesoría virtual de entidades, que ten por obxecto facilitar os trámites relativos ao Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) e aos procedementos de autorización de centros e programas de servizos sociais.

Por outra banda, unha parte importante desta transformación dixital dos servizos sociais foi o lanzamento do Sistema de información de usuarios de servizos sociais (SIUSS), unha aplicación informática que actúa como soporte documental técnico para os profesionais de traballo social, facilita a utilización de grandes cantidades de información e permite a explotación inmediata dos datos. Desta maneira, a atención aos usuarios mellora ao poder coñecer de xeito inmediato as necesidades detectadas nun entorno concreto ou nunha poboación determinada e así adaptar as intervencións profesionais e os recursos nesas poboacións concretas.

Para apoiar esta ferramenta e facela máis efectiva, no ano 2013 lanzáronse dous servizos electrónicos máis:  a Historia Social Unica Electrónica (HSUE) e o MATIASS.

Ambos servizos actúan como ferramentas a través das cales se pode consultar datos, valoracións e informacións sobre a situación e a evolución da atención social das persoas usuarias do sistema galego de servizos sociais ao longo do seu proceso de intervención, así como pautas e metodoloxía de Traballo Social ou convocatorias de axudas nas diferentes áreas de actuación, entre outras.

Estes só son algúns exemplos das múltiples iniciativas que impulsou o Goberno Galego en colaboración con outras entidades relacionadas no ámbito do benestar social, co obxectivo de prestar unha mellor atención a cidadanía e especialmente a aqueles colectivos máis vulnerables, para así conseguir unha Galicia xusta e equitativa.