- Ir á páxina de inicio
- A transición dixital en Galicia
-
Sanidade dixital
Estratexia Galicia dixital 2030 A Sociedade da Información Sector TIC Administración electrónica Galicia territorio conectado Ciberseguridade Sanidade dixital Benestar social Educación e capacitación dixital A dixitalización medioambiental Turismo intelixente Mobilidade dixital e sostible Lonxas dixitais Cultura e riqueza patrimonial A dixitalización da xustiza
Unha sanidade dixital para mellorar a atención sanitaria en Galicia
Nos últimos anos, os servizos sanitarios galegos comezaron un proceso de dixitalización sen precedentes coa fin de axilizar todos os procedementos relacionados co ámbito da sanidade e así mellorar a atención prestada á cidadanía.
Coa chegada da pandemia, esta dixitalización converteuse nunha necesidade imperiosa, xa que a ocupación dos hospitais, centros sanitarios e persoal aumentou nunha porcentaxe tan alta que tiveron que tomarse medidas severas referentes á distancia social e á imposición dos trámites e citas telefónicas/en liña fronte á presencialidade para evitar a expansión do virus.
Desta forma, as diferentes iniciativas levadas a cabo nos anos anteriores serviron de base para o desenvolvemento dun sistema electrónico eficiente que deu impulso a novas accións de simplificación de trámites e realización de procedementos e consultas de forma virtual.
Así, grazas ás diferentes iniciativas, máis de 2 500 pacientes crónicos foron atendidos no seu domicilio coa plataforma de teleasistencia domiciliaria TELEA e puxéronse en marcha máis de 466 centros de atención primaria.
Plataforma E-saúde: a base da realidade dixital sanitaria galega
A base da transformación dixital do sistema sanitario galego é E-Saúde, unha plataforma dixital que ofrece servizos de saúde interactivos e personalizados accesible desde calquera dispositivo conectado a internet. Dende 2017, os cidadáns con Tarxeta Sanitaria Sergas de 18 ou máis anos, profesionais sanitarios e asociacións de pacientes teñen acceso a esta plataforma que ten coma obxectivo principal que estas persoas dispoñan das ferramentas dixitais necesarias para xestionar a súa saúde no día a día a través das seguintes categorías:
Unha parte importante desta plataforma é o acceso aceso á Historia Clínica Electrónica en Galicia (IANUS), un rexistro unificado de toda a información clínica procedente de actividades relacionadas coa saúde: consultas, intervencións cirúrxicas, probas diagnósticas, prescricións farmacolóxicas etc. realizadas a un cidadán nos diferentes niveis asistenciais que compoñen o Servizo Galego de Saúde.
HOSPITAL 2050 e INNOVA SAÚDE: innovación sanitaria co impulso europeo
Os plans de innovación sanitaria H2050 e InnovaSaúde son dous claros exemplos de como se trata de dar impulso á dixitalización e ao avance en innovación co obxectivo de crear o modelo do futuro da sanidade pública galega.
O plan “Hospital 2050 (H2050)” está centrado no desenvolvemento de tecnoloxías capaces de dar vida ao hospital do futuro, desenvolvendo solucións que garantan a seguridade do paciente e aumenten a súa confianza á vez que se fai un uso eficiente de recursos coma auga e enerxía, e se reducen os riscos ambientais e ocupacionais.
Por outra parte, InnovaSaúde está enfocado no desenvolvemento de solucións avanzadas para necesidades asistenciais actuais e futuras, mediante novas ferramentas deslocalizadas (teleasistencia, telemonitorización, portais web 2.0 para pacientes etc.), de xeito que se consiga reducir a necesidade de servizos baseados na hospitalización e aumentar a comunicación e a accesibilidade cara aos pacientes.
Estes só son algúns exemplos das múltiples iniciativas que impulsou o Goberno Galego nos últimos anos no ámbito sanitario para adaptarse ás novas necesidades e demandas da poboación e conseguir que a atención aos cidadáns sexa a mellor posible creando así o modelo sanitario do futuro.