- Ir á páxina de inicio
- A transición dixital en Galicia
-
Mobilidade dixital e sostible
Estratexia Galicia dixital 2030 A Sociedade da Información Sector TIC Administración electrónica Galicia territorio conectado Ciberseguridade Sanidade dixital Benestar social Educación e capacitación dixital A dixitalización medioambiental Turismo intelixente Mobilidade dixital e sostible Lonxas dixitais Cultura e riqueza patrimonial A dixitalización da xustiza
Unha mobilidade máis sostible e dixital, o modelo do futuro polo que aposta Galicia
O ano 2020 foi clave no proceso de modernización da rede galega de transporte e na posta en marcha de iniciativas de mobilidade sustentable e modernización tecnolóxica. Neste período presentáronse 10 programas de fomento da mobilidade sustentable e modernización do transporte, cun orzamento total de 400 millóns de euros e cos que se crearán preto de 2 300 empregos, tanto de forma directa como indirecta.
Os próximos tres anos suporán un impulso importante na adaptación do transporte en Galicia ás novas necesidades dos usuarios e no fomento do uso do transporte público con novas estacións intermodais, unha xestión dixitalizada e aplicacións de pago e de seguimento en tempo real dos vehículos. Ademais, estes programas suporán un estímulo necesario cara a dixitalización do sistema de transporte público de Galicia, con aplicacións para a xestión dixitalizada da oferta e da demanda (oficina virtual, sistemas de axuda á explotación para ter datos en tempo real e a xeolocalización de cada vehículo) e a flexibilización dos sistemas de pago e establecemento da tarxeta do transporte público de Galicia (tarxetas virtuais, pago con teléfonos móbiles, tarxetas de crédito ou débito ou lectura de códigos QR).
Plan e-Mobility: a aposta de Galicia para a modernización tecnolóxica da súa mobilidade
A base de todas as accións levadas a cabo nos últimos anos, e especialmente as que se levarán a cabo ata 2021 é o Plan e-Mobility, publicado en 2018 como folla de ruta para solucionar os problemas asociados ao sistema de transporte galego e mellorar o servizo dado aos usuarios a través da dixitalización integral dos procesos de xeración e modificación da oferta de transporte.
Os obxectivos iniciais do plan pasaban por alcanzar a eficiencia operativa de todos os axentes que interveñen na cadea de transporte; controlar a xestión, planificación e toma de decisións para un mellor aproveitamento dos recursos ou a mellora da relación coa cidadanía grazas a un soporte tecnolóxico.
Entre as iniciativas deseñadas ao abeiro deste plan, algunhas das cales están en proceso de implantación, atópanse as seguintes:
Co plan, en 2019 avanzouse na posta á disposición dos cidadáns da información dos servizos de transporte a través do portal e da app bus.gal, e na integración do pago do billete de bus a través do móbil. Desenvolveuse así mesmo un sistema integral de xestión e tramitación da oferta de transporte público de Galicia e oficina virtual que permite a xestión integral dos servizos de transporte público por estrada en Galicia, denominado OTRANS.
Por último, entre os anos 2019 e 2020, desenvolveuse o Plan de transporte público de Galicia co deseño dunha nova rede de transporte público.
Dixitalización do transporte: eixe principal na mobilidade verde e segura
Co impulso que supuxo a presentación do Plan e-Mobility á modernización dos transportes e a mobilidade en Galicia, puxéronse en marcha, de forma simultánea, numerosas iniciativas coa fin de alcanzar os obxectivos fixados neste ámbito.
Unha das más destacadas foi a posta en marcha dun Observatorio de Transporte (OTRAME), co que se pretende que o usuario poda realizar simulacións do custo asociado ao transporte de mercadorías en Galicia. A ferramenta adáptase ás peculiaridades sectoriais e as derivadas de aspectos singulares. Tamén ofrece información de utilidade sobre o propio sector de transporte de mercadorías en Galicia.
Outro fito importante no ámbito da mobilidade foi a implantación da Tarxeta de Transporte Metropolitana e a app de Transporte Público de Galicia, que permite coñecer o saldo estado de ditas tarxetas, ver resumos dos reembolsos realizados e recibir notificacións.
Desta forma, o que se pretende é mellorar a mobilidade e accesibilidade no contorno de todas as áreas metropolitanas e, polo tanto, que os cidadáns dispoñan dun mellor servizo de transporte público colectivo que sexa unha alternativa competitiva e eficiente ao transporte privado.