- Ir á páxina de inicio
- A transición dixital en Galicia
-
Cultura e riqueza patrimonial
Estratexia Galicia dixital 2030 A Sociedade da Información Sector TIC Administración electrónica Galicia territorio conectado Ciberseguridade Sanidade dixital Benestar social Educación e capacitación dixital A dixitalización medioambiental Turismo intelixente Mobilidade dixital e sostible Lonxas dixitais Cultura e riqueza patrimonial A dixitalización da xustiza
A cultura e a riqueza patrimonial de Galicia ao alcance de todos grazas ás novas tecnoloxías
Vivimos nunha sociedade cada vez máis interesada na cultura e máis mentalizada sobre a importancia da conservación do patrimonio propio dun territorio para a súa valorización. Ante a rápida adaptación á evolución tecnolóxica, a súa dixitalización pois, resulta clave para poñer a disposición da cidadanía a riqueza patrimonial de Galicia e transformar a experiencia dos usuarios nunha vivenza única, dinámica e recomendable que faga chegar a cultura galega incluso fora das nosas fronteiras e que asegure a adaptación da tradición e identidade galega á realidade global.
Deste xeito, a dixitalización patrimonial e cultural de Galicia intensificouse coa chegada da pandemia e acelerou o camiño xa emprendido con anterioridade en canto ao desenvolvemento de novas aplicacións electrónicas ou á introdución de solución innovadoras de xestión patrimonial e cultural que melloran a experiencia da cidadanía e dos visitantes de Galicia.
Por tanto, a modernización cultural e patrimonial de Galicia debe pasar por desenvolver solucións dixitais que permitan crear valor e conformar experiencias culturais únicas, atractivas e competitivas.
XERPA: un modelo innovador na xestión do patrimonio cultural de Galicia
Potenciar a innovación dixital aplicada á dinamización e salvagarda do patrimonio e a produción cultural da Comunidade é un dos obxectivos principais dos organismo públicos galegos, especialmente nos últimos anos, xa que son recursos clave da tradición, identidade e riqueza de Galicia.
Por isto, no último ano púxose en marcha un sistema de xestión de recursos do Patrimonio Cultural de Galicia (XERPA), que permite a xestión de diferentes instrumentos fundamentais na valorización da identidade galega como o Censo del Patrimonio Cultural de Galicia, Catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia ou a relación de bens de interese cultural.
Ademais, esta plataforma integra a xestión da información, a tramitación administrativa e a compoñente xeoespacial, o que pon en valor e dinamiza o patrimonio cultural, facéndoo máis accesible a todos os públicos e acadando unha maior comprensión na súa interpretación.
Unha nova forma de conectar coa cultura e o patrimonio grazas ás novas tecnoloxías
O camiño a seguir para potenciar a conexión entre cidadanía e visitantes e os bens culturais pasa necesariamente por introducir tecnoloxías dixitais que enriquezan e axuden a crear experiencias dinámicas que vinculen as persoas co territorio e a identidade propia de Galicia.
Nese senso, nos últimos anos avanzouse na construción da Memoria Dixital de Galicia, unha iniciativa que permitirá crear un novo modelo de xestión e conservación do patrimonio cultural galego aproveitando o potencial das tecnoloxías dixitais. O obxectivo principal é crear un fondo dixitalizado do patrimonio cultural material e inmaterial de Galicia que posibilite a súa preservación, difusión e a accesibilidade desde calquera lugar do mundo.
Entre as liñas de actuación do proxecto destacan as seguintes:
Simultaneamente ao desenvolvemento desta iniciativa, activouse o Arquivo Electrónico Patrimonial para a xestión do patrimonio documental, e a biblioteca dixital de Galicia Galiciana, que permiten acceder aos recursos patrimoniais dixitais e dixitalizados e iniciouse a renovación das canles en internet da rede de museos dependentes da Xunta de Galicia.
Con todos estes avances, o que se pretende é instalar un novo modelo de xestión patrimonial e cultural en Galicia, que incremente a capacidade de atracción do territorio e permita á cidadanía gozar de experiencias fluídas e interactivas que lles conecten coa identidade galega e valoricen a súa conservación e preservación.