Galicia está a traballar na dixitalización no eido educativo, aumentando o número de aulas dixitais e as app interactivas.
Educación dixital
Ata fai uns anos, a educación era plenamente presencial e a través de medios tradicionais. O uso de novas tecnoloxías e unha metodoloxía de traballo baseada en aplicacións dixitais era só unha idea que se formulaba a medio-longo prazo ou propia dos países máis avanzados neste ámbito como Suecia ou Noruega.
Porén, ante a dixitalización de todos os sectores da sociedade, percibiuse a necesidade de cambiar o modelo educativo, cara un modelo baseado nas oportunidades que as novas tecnoloxías podían ofrecer cara ao aprendizaxe e ampliación de coñecementos. Así, ás xa dixitalizadas aulas e ferramentas que o alumnado utiliza no seu proceso de aprendizaxe, uniranse nos próximos anos novas tendencias como a Intelixencia artificial, a educación inmersiva a través da realidade virtual e aumentada ou o aprendizaxe mixto, que crearán un entorno máis adaptados e adecuados aos novos tempos.
Neste sentido Galicia emprendeu xa un camiño de adaptación a esta nova realidade educativa, chegando a posicionarse como comunidade pioneira en educación dixital, facendo que despuntase no último informe Pisa ou incluso sendo a primeira comunidade en implantar o libro dixital nas aulas.
A administración pública galega centrou os seus esforzos nos colexios de educación primaria e secundaria co obxectivo de comezar a dixitalización das novas xeracións dende unha idade temperá.
Así, algunha das accións levadas a cabo nos últimos anos foron a elaboración de materiais formativos e contidos dixitais, a mellora dos servizos facilitados aos pais a través do EspazoAbalar e a mellora dos equipamentos, conexións e infraestrutura de todos os centros educativos, entre outras.
Ademais, os esforzos continuarán nos próximos anos grazas ás actuacións previstas ao abeiro do Plan de Infaestructuras Dixitais Educativas 2021-2023 (Plan EDU100) que supón un investimento total de 134,6 millóns de euros nos próximos tres anos. Entre as actuacións contempladas destacan a subministración e instalación dos 5.000 kits de aula dixital que restan para completar a extensión ao 100 por cento do alumnado ou que todos os centros educativos públicos dependentes da Xunta dispoñan de conectividade de banda larga de 1 Gigabit e WIFI en todos os espazos docentes.
Accións
Indicadores
Espazo ABALAR
Espazo web que permite consultar todas as iniciativas e servizos postos en marcha pola Xunta para a transformación dixital das aulas galegas.
Portal web
App Android
App IOS
Edixgal
Edixgal é unha plataforma virtual na que alumnos e profesores de 5º e 6º de primaria e de 1º e 2º de ESO poden acceder aos contidos e libros dixitais.