O sistema sanitario galego atópase nun proceso de modernización e transformación dixital co obxectivo de mellorar a calidade, a eficacia e a eficiencia dos servizos

Sanidade dixital

Antes do boom da dixitalización que estamos vivindo dende fai uns anos en todos os ámbitos da nosa vida, no sector sanitario xa se comezou a ver con anterioridade a necesidade de introducir as novas tecnoloxías para mellorar a atención á cidadanía.

De feito, nalgúns países a sanidade case está plenamente dixitalizada mediante a posta en marcha do historial sanitario dixital de cada paciente, tarxeta sanitaria dixital e a utilización da tecnoloxía Blockchain para asegurar a integridade e seguridade da información persoal de cada cidadán.

Neste camiño de modernización dos sistemas sanitarios, Galicia seguiu avanzando no proceso de transformación dixital co obxectivo de mellorar a calidade, a eficacia e a eficiencia dos servizos, a través da revisión das formas tradicionais e dando lugar a novos enfoques e formas de facer. Nos últimos anos leváronse a cabo diferentes iniciativas coa fin de establecer un novo modelo sanitario baseado nunha contorna virtual que permita axilizar todos os procedementos e mellorar a atención prestada á cidadanía. Desenvolveuse, por exemplo, un sistema electrónico eficiente, consultas virtuais, así como diferentes aplicacións coas que os cidadáns poder consultar información útil e variada e realizar diferentes procedementos.

Dixitalización da atención sanitaria primaria: máis cerca da cidadanía

A Atención Sanitaria primaria en Galicia foi un dos ámbitos onde se percibiron más rapidamente as melloras derivadas da dixitalización da sanidade.

A base desta transformación dixital é a plataforma E-Saúde, onde están ao alcance de toda a cidadanía diferentes servizos de saúde interactivos e personalizados. É accesible desde calquera dispositivo conectado a internet, o que facilita a xestión de forma fácil e virtual da saúde das galegas e galegos.

Xunto con esta plataforma, unha das actuacións máis destacadas foi a implantación da plataforma Historia Clínica Electrónica en Galicia (IANUS), un rexistro unificado de toda a información clínica procedente de actividades relacionadas coa saúde que compoñen o Servizo Galego de Saúde, de forma que se facilita aos profesionais do sector o desenvolvemento do seu traballo; e máis recentemente, a posta en marcha do Sistema Passcovid.gal coa finalidade de establecer unha canle de información para o control da pandemia da COVID-19 en Galicia e unha ferramenta eficaz para poñer en coñecemento das persoas usuarias posibles contactos con persoas infectadas, entre outras funcionalidades.

Un novo modelo sanitario dixital

O investimento realizado nos últimos anos no ámbito sanitario de Galicia céntrase na implantación dun novo modelo de sanidade, no que se utilicen as novas tecnoloxías como base de todos os procedementos coa fin de modernizar o sistema e aproveitar todas as oportunidades ofrecidas por estas.

Algúns exemplos de iniciativas levadas a cabo son o Plan “Hospital 2050 (H2050)”, centrado no desenvolvemento do hospital do futuro no que se utilicen os últimos avances tecnolóxicos para tratar aos pacientes e se faga un uso eficiente dos recursos; e “InnovaSaúde”, enfocado ao desenvolvemento de solucións avanzadas para necesidades asistenciais actuais e futuras mediante o uso de novas tecnoloxías.

Indicadores

Sergas Movil

App móbil que ten como obxectivo acercar a toda a cidadanía o catálogo de apps e e-servicios do Sergas, permitindo dispoñer dunha da Tarxeta sanitaria virtual coa que se pode consultar o calendario de citas ou realizar videoconsultas, entre outras funcionalidades.

Portal web

App Android

App IOS

PassCOVID

PassCOVID.gal é unha App da Xunta de Galicia para axudar a coidarnos da COVID-19.

Portal web

App Android

App IOS

É-Saúde

É-Saúde is a platform that allows users to manage medical appointments, access personal medical histories or manage medications from any device.

Portal web

Telea (teleasistencia)

Plataforma virtual de asistencia domiciliaria integrada cos sistemas de información corporativos que facilita o acceso telemático do paciente a diversos servicios asistenciais e permite el control asistencial de pacientes no seu domicilio.