O Plan de Inclusión Dixital de Galicia sentou as bases para poñer en marcha diferentes iniciativas de formación dixital para a cidadanía

Capacitación dixital

As tecnoloxías dixitais impregnan a nosa vida profesional e privada e por iso, o feito de contar polo menos cunha alfabetización e unhas competencias dixitais básicas converteuse nunha condición previa para participar de maneira efectiva na sociedade.

A maior parte dos países europeos dispoñen de programas específicos cos que familiarizar á poboación co uso das novas tecnoloxías tan necesarias no seu día a día e cos que actualizar continuamente aos seus traballadores/as para que sexan o máis competentes posibles nun mercado laboral no que a dixitalización é practicamente plena.

Galicia está a apostar nesta liña por ampliar os coñecementos dixitais da cidadanía, e non só dos alumnos do sistema educativo galego, a través de numerosas iniciativas que teñen como base o Plan de Inclusión Dixital de Galicia. Propuxéronse diferentes actuacións para que a cidadanía galega puidese continuar formándose e adquirindo competencias dixitais, e tomáronse medidas para reducir á súa vez a fenda de acceso e uso ás novas tecnoloxías dixitais.

Dixitalización da formación non regrada

As grandes actuacións no eido da formación dixital non regrada, dentro do Plan de Inclusión Dixital, foron a posta en marcha da Rede de aulas CeMIT, o Programa de Voluntariado Dixital e os aliados dixitais. Estas actuacións fixeron posible que os galegos e galegas ampliasen as súas habilidades tecnolóxicas segundo as súas necesidades e ofreceron un catálogo formativo de calidade que maximizou o uso dos servizos dixitais.

Ademais, continúan as actuacións formativas no eido dos sistemas de información e, en especial, da capacitación dixital en ofimática, da seguridade e da administración electrónica e tamén o desenvolvemento do Plan DigiTalent.

Indicadores

Gaiastech

Gaiastech é un espazo de demostración e experimentación en tecnoloxías disruptivas, divulgar iniciativas innovadoras e reforzar o impulso de vocacións STEM.

Portal web

Digitalent

Digitalent é un plan integral que atende aos diferentes perfís da cidadanía e que ten como obxectivo a promoción so talento dixital de Galicia.

Portal web

Cemit

Cemit é unha rede de centros dixital que ten como obxectivo principal o de formar á cidadanía no ámbito das capacidades dixitais segundo o seu nivel de coñecementos.

Portal web

Mancomún

Esta iniciativa ten como obxectivo servir como referencia e aglutinar todas as iniciativas sobre software libre que se están a desenvolver en Galicia.

Portal web