- Ir á páxina de inicio
- A transición dixital en Galicia
-
Galicia, territorio dixital
Estratexia Galicia dixital 2030 A Sociedade da Información Sector TIC Administración electrónica Galicia territorio conectado Ciberseguridade Sanidade dixital Benestar social Educación e capacitación dixital A dixitalización medioambiental Turismo intelixente Mobilidade dixital e sostible Lonxas dixitais Cultura e riqueza patrimonial A dixitalización da xustiza
Galicia, territorio dixital
Unha trasformación dixital, sostible e inclusiva
As sociedades modernas están a afrontar un cambio profundo e vertixinoso nos modelos de relación e comunicación, na organización e xestión da convivencia, nos servizos e nos ámbitos produtivos. A transición ou transformación dixital implica reproducir o mundo tal e como o coñeciamos en novos contornos tecnolóxicos que acercan ás persoas, axilizan os procesos e democratizan o acceso á información e aos coñecementos.
Esta evolución, que vai máis aló do tecnolóxico, require da asunción dunha nova cultura por parte da cidadanía, que non soamente ten que aprender e adecuarse ás ferramentas, senón que debe acostumarse á lóxica de funcionamento dos novos contornos de comunicación e relación.
O obxectivo de DixiTerrae é o de ofrecer á cidadanía información sobre o proceso de transformación dixital en Galicia e facilitar o acceso e coñecemento dos recursos e ferramentas dispoñibles nos diferentes ámbitos en transición: a educación, a sanidade, os servizos sociais, as relacións coas administracións públicas, a xustiza, a produción primaria, a industria, o comercio, o turismo...
A conectividade, para garantir o acceso ás novas ferramentas e contornos a toda a poboación en todo o territorio; a seguridade para a protección dos datos e informacións, as transaccións monetarias ou comerciais; a simplificación en procesos sinxelos e intuitivos ou a adecuación ás novas esixencias da transición ecolóxica e aos cambios sociais, son algúns dos retos principais deste proceso no que o benestar e a calidade de vida das persoas están no centro de calquera iniciativa.
A transformación dixital
Galicia é unha sociedade pioneira en afrontar o proceso de transformación dixital cunha visión estratéxica. Apostou por un modelo participativo na Axenda Dixital de Galicia 2020 e na Estratexia Galega de Crecemento Dixital. Isto sentou as bases para a Estratexia Galicia Dixital 2030 (EGD2030), que contempla investimentos por máis de 4 000 millóns de euros nos vindeiros anos.
A EGD2030 prevé sete eixos estratéxicos de actuación:
- Goberno e Administración intelixente.
- Sociedade dixital e inclusiva.
- Contorno dixital para a saúde e o benestar social.
- Territorio intelixente, verde e resiliente.
- Conectividade dixital do territorio.
- Cultura e turismo intelixente.
- Economía dixital e sostible.
E un eixo estratéxico transversal:
- Especialización tecnolóxica centrada en reforzar as capacidades e infraestruturas dixitais de Galicia en tecnoloxías disruptivas (Intelixencia Artificial, ciberseguridade, intelixencia do dato e 5G) e garantir o seu amplo uso na economía e a sociedade.