- Ir á páxina de inicio
- Configurando o futuro dixital: Estratexia Galicia Dixital 2030
-
E.Transversal Especialización tecnolóxica
E1. Goberno e administración intelixente E2. Sociedade dixital e inclusiva E3. Entorno dixital para a saúde e o benestar social E4. Territorio intelixente, verde e resiliente E5. Conectividade dixital do territorio E6. Cultura e turismo intelixente E7. Economía dixital e sostible E.Transversal Especialización tecnolóxica
- Conectividade 5G
Territorio intelixente e conectado
Os cambios na maneira de comunicarse fan de Galicia un territorio conectado, grazas a dixitalización, e tratan de situala como rexión de referencia no desenvolvemento das tecnoloxías 5G. Isto conseguirase creando unha rede áxil, potenciando a economía 5G e impulsando o 5G, o que suporá un gran progreso a nivel económico.
Asimesmo, con este cambio tecnolóxico, tratarase de potenciar o uso adecuado e responsable dos recursos e ecosistemas naturais, tal e como se reflexa no eixe 4 da estratexia, de maneira que se preserve o medio ambiental e a acción polo clima así como se fortaleza a seguridade e a prevención de riscos sociais e ecolóxicos que permitan que Galicia poida ser un territorio máis sostible, máis verde e resiliente a través da mellora da xestión e coñecemento do territorio.
Neste sentido, a Administración Pública autonómica apostou por exercer un papel facilitador á hora de abordar o desenvolvemento tecnolóxico de Galicia. Por iso en xullo de 2018 foi a primeira Comunidade en aprobar un Plan para impulsar o ecosistema 5G galego e favorecer o despregamento destas redes no territorio.
En menos dun ano puxéronse en marcha as principais liñas do plan. A primeira, conformar un Nodo 5G co compromiso dos tres principais operadores (Telefónica, Orange e Vodafone) de realizar 9 casos de uso 5G, actualmente en marcha.
Este posicionamento de Galicia no 5G contribuíu a que fose unha das dúas Comunidades en conseguir a subvención estatal para desenvolver un piloto de Telefónica, ao que se engade agora o de Orange nesta segunda convocatoria. En total, e grazas ao impulso de ambas administracións, en Galicia desenvolveranse máis de 30 pilotos de 5G repartidos polas catro provincias en ámbitos de especial interese para a Comunidade como a sanidade, a loita contra os incendios, a industria, o vehículo conectado, o turismo ou a educación.
Ademais, o Plan Galicia 5G aposta tamén pola formación e puxo en marcha o primeiro curso de Especialista Universitario en 5G, en colaboración coa Universidade de Vigo, que vai iniciar a súa segunda edición.