- Ir á páxina de inicio
- Configurando o futuro dixital: Estratexia Galicia Dixital 2030
-
E.Transversal Especialización tecnolóxica
E1. Goberno e administración intelixente E2. Sociedade dixital e inclusiva E3. Entorno dixital para a saúde e o benestar social E4. Territorio intelixente, verde e resiliente E5. Conectividade dixital do territorio E6. Cultura e turismo intelixente E7. Economía dixital e sostible E.Transversal Especialización tecnolóxica
- Nodo de ciberseguridade
Ciberseguridade
A implementación de medidas de ciberseguridade require coordinación e a compartición de recursos
Nun contexto de transformación dixital no que estamos inmersos na actualidade, resulta imprescindible contar con medidas e políticas no ámbito da ciberseguridade ven definidas e que protexan aos cidadáns, empresas e administracións.
Neste sentido, a Xunta de Galicia ven traballando dende fai anos no impulso de diferentes iniciativas e programas que permitan a creación dun marco normativo e ético baseado en valores que permita dotar de seguridad e confianza á contorna dixital presente en todos os ámbitos da nosa vida.
Neste sentido, na propia Estratexia Galicia Dixital 2030, inclúese en todos os programas aspectos relacionados coa seguridade dixital e a aplicación de políticas que permitan aproveitar as oportunidades que ofrece o mundo dixital sen temor a ataques na rede.
Ademais, un dos maiores avances neste campo foi a creación dunha estrutura de cooperación no ámbito da ciberseguridade, co fin de conectar axentes públicos e privados neste eido e poder facer fronte común á crecente ameaza dos ataques cibernéticos: CIBER.gal, o nodo galego de ciberseguridade.
Este nodo, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, está formado, ademais da Xunta, pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), as catro diputacións, o Centro Criptolóxico Nacional, adscrito ao CNI do Ministerio de Defensa, o Instituto Nacional de Coberseguridade (INCIBE), do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e outros axentes públicos e privados para impulsar a concienciación e a formación de cidadáns e empresas, dar resposta a retos complexos e promover a xeración de talento neste ámbito.
Por último, entre as medidas máis recentemente aprobadas no eido de impulso da seguridade nas redes está a creación do Centro de Ciberseguridade de Galicia, que se esdtá a construír na Cidade da Cultura, e que prestará servizos especializados en seguridade da información e ciberseguridade dirixidos a administracións públicas (Xunta, concellos e deputacións), á cidadanía e ás empresas de Galicia, formará parte das redes europeas e actuará como enlace cos centros estatais.
Xunto coa posta en marcha deste Centro de referencia na Comunidade, aprobouse tamén o Acordo Marco para a contratación de servizos de ciberseguridade para cidadáns, empresas e administracións de Galicia, nos ámbitos de goberno e xestión da seguridade da información; revisións técnicas para a mellora da seguridade; revisións normativas para a mellora da seguridade e as auditorías de certificación de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade (ENS) por parte de entidade acreditada.
Non cabe dúbida de que a ciberseguridade chegou para quedarse, alzándose como un aspecto imprescindible para adaptarnos ao mundo dixital coas maiores medidas de seguridade.