- Ir á páxina de inicio
- Configurando o futuro dixital: Estratexia Galicia Dixital 2030
-
E.Transversal Especialización tecnolóxica
E1. Goberno e administración intelixente E2. Sociedade dixital e inclusiva E3. Entorno dixital para a saúde e o benestar social E4. Territorio intelixente, verde e resiliente E5. Conectividade dixital do territorio E6. Cultura e turismo intelixente E7. Economía dixital e sostible E.Transversal Especialización tecnolóxica
- Nodo de intelixencia artifical
Intelixencia artificial e xestión do dato
As tecnoloxías dixitais están a cambiar profundamente a nosa vida cotiá, a nosa forma de traballar, de educar e facer negocios, a nosa forma de viaxar, así como a nosa forma de relacionarnos.
Dentro delas, a intelixencia artificial cobra especial relevancia pois será capaz de proporcionar respostas a algúns dos desafíos aos que se enfronta Galicia: o cambio demográfico e a transición ecolóxica, incluídos na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable.
Neste sentido, a Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2030 (EGIA 2030) constitúe a folla de ruta que integra a vontade de todas as persoas de camiñar cara a unha Galicia Intelixente. Isto será posible a través do nodo de intelixencia artificial que, como estrutura de cooperación público-privada, se encargará de asesorar en alto nivel de intelixencia artificial, de impulsar iniciativas de atracción de investimento, de aliñar as capacidades de ideación co demanda, de configurar programas e iniciativas de aplicación así como de crear un espazo de diálogo aberto e permanente.
Sen dúbida, a intelixencia artificial desempeña un papel crucial na transición dixital, alzándose como denominador común na reactivación e modernización da nosa economía.